Engadindo música aos videos con youtube-dl

Se temos a necesidade ou queremos facelo por pracer, aquí preséntovos unha serie de ferramentas para crear vídeos e engadirlles música. Indicar que o noso sistema operativo é GNU/LINUX, unha distribución que non cumpre coa ética do software libre por incorporar ‘ drivers’ privativos. Estamos en vías de solucionar esta incongruencia. Para ben ou para mal, aprendemos sobre a marcha.

Como ferramenta para gravar vídeos utilizamos Vokoscreen, está licenciado con GNU Xeral Public License v2.0. No seu repositorio de Github o podedes comprobar. Permítenos crear vídeos con ou sen  son. Aínda que neste caso imos a sobreescribir este son para mostrar como incorporar música aos nosos vídeos.

A instalación por defecto permítenos crear vídeos en formato mp4, mkv e gif. Imaxino que existen ‘ plugins’ para extendelo a máis formatos, pero non os buscamos para mostraros algunha ferramenta que actúa por liña de comandos e transforma o formato dos vídeos.

Con VokoScreen creamos un vídeo denominado stringReveralSolutionOne.mkv

Localizamos en Youtube algunha canción dun grupo que nos guste e tomamos nota da URL que a referencia:

Como estamos a aprender sobre o mundo do software libre, localizamos información respecto diso, sobre os formatos de son considerados como tal. Ogg Vorbis aparece no directorio do software libre da FSF.

Pola outra banda, temos ao noso dispor a ferramenta youtube-dl que é un programa de liña de comandos para descargar vídeos ou extraer audio de sitios de streaming tales como YouTube, Dailymotion ou Vimeo . Está escrito en Python sendo de dominio público baixo a licenza Unlicense.

Este é o seu repositorio en GihHub  o cal foi pechado hai un tempo atrás e foi aberto de novo.

Á vez que realiza a extracción de son de Youtube, permítenos aplicar o formato que queremos aplicarlle, neste caso Vorbis. Así que adiante, desde a linea de comandos executamos:

youtube-dl -x –audio-format vorbis https://www.youtube.com/watch?v=9UklTj3Cqw8

Unha vez finalizado o proceso, tenemos ao noso dispor a canción:  rockAndRoll.ogg na nosa máquina.

Como o vídeo creado con VokoScreen ten o formato MKV, facemos uso doutra ferramenta por liña de comandos para convertilo a formato OGV. Esta ferramenta denominase ffmpeg e está baixo a licenza Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 License.

In the beginning… was the command line

Executamos o seguinte comando para sustituir o son do vídeo (creado co VokoScreen) pola canción extraída de YouTube:

ffmpeg -i stringReveralSolutionOne.mkv -i rockAndRoll.ogg -c:v copy -map 0:v:0 -map 1:a:0 stringReveralSolutionOneA.mkv

Agora transformamos o formato de video ca mesma ferramenta:

ffmpeg -i stringReveralSolutionOneA.mkv -codec:v libtheora -qscale:v 3 -codec:a libvorbis -qscale:a 3 -f ogv stringReversalSolutionOneB.ogv

En concreto, estos vídeos corresponden a resolución dos problemas dun curso de Stephen Griden. O código que ten publicado está baixo licenza GNU General Public Licence v3.0

As solucións as vou publicando nun repositorio de Github e claro, baixo a mesma licenza.

String Reversal. Solución 1

String Reversal. Solución 2 e 3