Un sistema operativo (SO) é un software do sistema que xestiona o hardware do computador, os recursos de software e ofrece servizos comúns para programas informáticos.

A 24 de Xaneiro

Microsoft dou algúns pasos no bo camiño, como liberar algúns pequenos pero importantes compoñentes de Windows como software libre. Queremos que aceleren estes cambios. Necesitamos que Microsoft demostre ao mundo que o seu “amor” polo software libre non é só unha campaña publicitaria e que non só están a aproveitar os beneficios do software libre para explotar aos usuarios empurrándoos a depender do Service as a Software Substitute.

Poden facelo lanzando Windows 7 baixo unha licenza de software libre. A historia do software libre demostrounos que o software non ten que caducar, e se pode escribir para durar cincuenta anos. E agora que esta versión do seu sistema operativo alcanzou o seu “final de vida”, non teñen boas razóns para non facelo.

A nosa petición superou o obxectivo de 7.777 asinantes, pero te animamos a sumar a túa voz. Fíxate no noso sitio web e nas nosas contas de redes sociais para ver que imos facer a continuación.

Asina a petición aquí antes do 5 de febreiro.

https://www.fsf.org/blogs/community/tell-microsoft-to-upcycle-windows-7-set-it-free

 

 

Upcycle Windows 7 petition image