React (tamén chamado React.js ou ReactJS) é unha biblioteca de Javascript de código aberto deseñada para crear interfaces de usuario co fin de facilitar o desenvolvemento de aplicacións nunha soa páxina. Está mantido por Facebook e a comunidade de software libre, máis de mil desenvolvedores diferentes participaron no proxecto.

Seguindo a miña intención de afondar na aprendizaxe de “FrontEnd” , seguín toda unha serie de cursos pertencentes a Udemy. De cando en vez fan ofertas e non dubidei en mercar todos os cursos que imparte Stephen Grider. Stephen, é moi bo impartindo cursos, leva as explicacións ao extremo e todo está moi ben documentado.

O curso “Server Side Rendering with React and Redux” chamoume a atención especialmente:

O que aprendín:

  • Understand the challenges of Server Side Rendering
  • Build a server side rendering boilerplate project
  • Use React, Redux, and React Router to conquer Search Engine Optimization
  • Master techniques for data loading on the server
  • Construct server architectures that can easily scale for large apps

No curso indicábase que renderizando no lado do servidor aumenta a velocidade da carga inicial do sitio. Nas fases finais do curso implementouse código para realizar SEO (Seach Engine Optimization) pero non se afondou demasiado no tema.

Para completar a información, fixen unha busca na web e atopei unha ligazón que nos trae máis luz sobre o tema. Parece que “frameworks” como Angular ou React teñen problemas para que Google poida posicionar as aplicacións creadas con elas e que poden ter problemas de rendemento ao servir a primeira páxina. Atópase nas páxinas de limoncode.net

O código implementadon durante o curso está dispoñible no repositorio GitHub:

https://github.com/josecho/SSRendering.git 

Para as chamadas a API se fai uso dun proxy e se utiliza o rehidratado para o tema das variables que gardan estado.

Nun futuro próximo recuperarei o tema para profundizar un pouco máis.

jlvbCoop